VOLTAR PARA A PÁGINA ANTERIOR

Marta Neira

Ramo:
Especialidade:
Grupo:
Email:
Duração:
1/1/24
-
1/4/24
Supervisor:
Fernando Azevedo
País:
Espanha

Son Marta Neira Rodríguez, profesora contratada doutora da Universidade de Santiago de Compostela, membro da Rede Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) e investigadora principal dos proxectos “Informes de Literatura” e “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A miña estadía de investigación no CIEC levouse a cabo ao longo de tres meses, dende inicios de xaneiro a inicios de abril de 2024, período de tempo que pasou moi rápido. Con todo, os meus vínculos co CIEC e coas persoas que o integran manteranse no tempo. Cumprindo cos obxectivos da miña estancia no CIEC, durante este período participei en diferentes proxectos que a institución ten en marcha, de maneira especial nos relacionados coa investigación en Lectura, Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil. Destaco a unión de esforzos para a realización de publicacións conxuntas, a participación en diferentes reunións de traballo e tamén no Seminario/Workshop Internacional “Investigación e crítica na LIX (2004-2024)”, foro que acolleu investigadores do ámbito ibérico e iberoamericano e no que o CIEC estivo ben representado por dous dos seus membros, o profesor Fernando Fraga de Azevedo e a profesora Sara Reis da Silva. Así mesmo, saliento a participación na coorganización do II International Conference On Child Studies que terá lugar do 6 ao 8 de novembro de 2024 na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela, congreso do que o grupo de investigación LITER21 ao que pertenzo colleu as rendas para continuar o interesante proxecto iniciado no CIEC con anterioridade en colaboración coa Universidade de Suffolk. Máis alá do profesional, levo comigo o reencontro con colegas, a oportunidade de coñecer outros novos, o inmellorable trato de quen me acolleu, a satisfacción de ver o avance da carreira universitaria de persoas moi queridas por min, a descuberta de novas ferramentas para traballar, os sabores da gastronomía portuguesa e un longo etcétera difícil de comprimir nestas liñas. Obrigada ao CIEC por todas as aprendizaxes que me permitiu!

Tablet and mobile version not available yet..