O meu nome é Joseba Delgado Parada e son estudante predoutoral da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. Tendo en conta a proximidade dos nosos contextos, decidín escribir este texto en galego. Entre os meses de maio e xullo realicei unha estadía de investigación no CIEC baixo a supervisión da profesora Maria Assunção Flores. Durante este período puiden aproximarme ás liñas de investigación e proxectos do centro, revisar fondos bibliográficos e participar en conferencias, seminarios de investigación, o Dia do CIEC ou a Bienal de Educação, entre outras actividades. Tamén tiven a oportunidade de visitar algúns centros educativos para coñecer os seus espazos e metodoloxías de traballo. Durante este período adquirín coñecementos metodolóxicos e conceptuais que contribúen a avanzar na miña investigación sobre estratexias creativas e recursos TIC para a intervención socioeducativa. No CIEC encontrei un equipo que vai máis aló da excelencia académica que lle foi atribuída. Por iso, gustaríame agradecer o trato recibido aos servizos técnicos e administrativos, supervisora, docentes e colegas de doutoramento. Todos/as eles/as contribuíron a crear un espazo de traballo confortable, seguro e de confianza. Espero que esta estadía veña chea de colaboracións. Unha vez CIEC, sempre CIEC!